Un certame para poñer en valor a identidade do barrio a través do seu patrimonio comercial e hostaleiro.
No marco das Festas de San Xoán 2025, lánzase a 2ª edición do Concurso de Fotografía ‘Novo Sendeiro’: “Comercio e Hostalaría de Labañou”.
O certame está organizado coa colaboración da Asociación SOMOS NÓS (Asociación de Comerciantes e Hostaleiros de Labañou, San Roque da Fóra, Cidade Escolar e Riazor).
A iniciativa forma parte da liña de traballo do Sendeiro da Memoria e da Identidade, dentro do proceso de participación cidadá Novo Sendeiro, que busca recuperar e compartir coa veciñanza a memoria viva e o patrimonio do barrio de Labañou a través de fotografías, tanto actuais coma históricas.
Nesta ocasión, o obxectivo é poñer en valor a identidade do barrio a través dos seus locais comerciais e hostaleiros: as súas fachadas, interiores, persoas traballadoras, clientela, atmosfera, historia e vida cotiá.
Queremos destacar a dimensión cultural, económica e social que estes espazos representan para Labañou e achegar á comunidade ao seu comercio local. Ao facelo, buscamos non só promover un comercio máis próspero e dinámico, senón tamén fomentar un sentido de pertenza e apoio mutuo que beneficie a todo o barrio.
📌 BASES DO CONCURSO
- Non é precisa inscrición previa. Poderán participar persoas afeccionadas ou profesionais de calquera idade e procedencia que presenten propostas dentro do prazo establecido e que se axusten á temática proposta.
- Quen pode participar?
Calquera persoa maior de 16 anos, de forma individual. A participación é gratuíta. - Que tipo de fotografías se poden presentar?
As fotografías deben representar locais comerciais ou de hostalaría do barrio de Labañou. Valorarase especialmente a capacidade da imaxe para reflectir o carácter identitario, humano e urbano destes espazos.
Admitiranse fotografías actuais e históricas, sempre que a persoa participante sexa autora da imaxe ou conte con autorización para presentala.
No caso de realizar fotografías no interior dos establecementos, deberán contar co consentimento das persoas responsables do local. - Categorías de participación:
Haberá dúas categorías: “pasado” e “presente”, adscribíndose as fotografías a unha ou outra en función da época que reflictan. - Cantas fotos se poden enviar?
Poderanse enviar un máximo de 3 fotografías por persoa. - Como se presentan as fotos?
As fotografías deben presentarse mediante unha publicación en redes sociais dende unha conta do/a autor/a, en formato dixital.
Se non dispoñen de perfil público en Instagram ou Facebook, deberán enviar as imaxes por mensaxe privada, pero é requisito imprescindible seguir a conta de Novo Sendeiro na rede onde se publique.
Se non se conta cun perfil en redes sociais, as imaxes deberán enviarse en formato dixital (.jpg ou .png) ao correo: info@novosendeiro.gal, indicando:
a. Nome completo da persoa participante
b. Teléfono de contacto
c. Breve título ou descrición de cada foto
d. Ano aproximado no caso de ser unha imaxe histórica
Tamén se poden presentar de forma física, pero antes deberás escribirnos a: info@novosendeiro.gal para poñernos en contacto contigo. - Mencións obrigatorias:
No caso de participar dende un perfil público, as fotografías deben mencionar as redes sociais de Novo Sendeiro:
- Facebook: https://www.facebook.com/novosendeiro/
- Instagram: https://www.instagram.com/novosendeiro
e tamén mencionar o comercio fotografado.
Sen estas mencións, a organización non poderá identificar a imaxe e, polo tanto, non será tida en conta.
As imaxes deben incluír ademais o hashtag: #fotonovosendeiro25
- Prazo:
O prazo para enviar as fotografías estará aberto ata o xoves 19 de xuño ás 20:00h. - Exposición e premios:
As fotografías seleccionadas formarán parte dunha exposición pública no barrio durante as Festas de San Xoán 2025. As máis valoradas polo xurado recibirán premios e recoñecemento público. - Dereitos de uso:
As imaxes poderán ser utilizadas pola organización para a difusión do concurso e futuras iniciativas relacionadas coa promoción do comercio local e a memoria do barrio, sempre mencionando á persoa autora. - Aceptación das bases:
A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases, así como a cesión das imaxes para os fins declarados. Os datos serán tratados segundo a lexislación vixente en materia de protección de datos persoais (Lei Orgánica 3/2018). - Modificación das bases:
A organización resérvase o dereito a modificar ou ampliar calquera dos puntos destas bases, así como resolver calquera circunstancia non prevista que poida xurdir durante a actividade.
🏆 PREMIOS
Entregaranse os seguintes premios:
- 1º premio categoría “comercio (actual) de Labañou”: 150 euros
- 1º premio categoría “hostalaría (actual) de Labañou”: 150 euros
- Foto con máis “likes” en redes sociais: 150 euros
- 2º premio categoría “comercio (pasado) de Labañou”: 100 euros
- 2º premio categoría “hostalaría (pasado) de Labañou”: 100 euros
* Os premios inclúen os impostos e retencións obrigatorias. Se algunha categoría queda deserta, non se entregarán premios nela.
👤 XURADO
O xurado estará formado por comerciantes, hostaleiros/as, veciños/as e representantes das entidades colaboradoras. A súa decisión será inapelable. Poderá declarar premios desertos se o considera oportuno.
Criterios de avaliación: calidade, orixinalidade, creatividade e relación co tema proposto.
Membros do xurado:
- Comerciante do barrio
- Hostaleiro/a do barrio
- Representante da Asociación SOMOS NÓS
- Representante de Novo Sendeiro
📝 MÁIS INFORMACIÓN:
Se tes calquera dúbida sobre como participar ou non tes perfil en redes sociais, escríbenos e axudámoste.
✉️ Correo electrónico: info@novosendeiro.gal
📱 Redes sociais:
Instagram
Facebook
