Un proxecto pioneiro, aberto, consciente.

Novo Sendeiro é unha iniciativa pioneira, a primeira vez que en Galicia unha empresa privada integra a colaboración cidadá nun proxecto de desenvolvemento urbano. Un proceso que tende pontes entre cidadanía, administración pública e empresa, para traballarmos xuntos no Plan Especial de Labañou e a futura transformación do barrio.

 

É aberto porque busca incluir a visión da maior cantidade de axentes posibles. Cada un cos seus puntos de vista, opinións, necesidades e inquedanzas.

 

A participación é a arte de conectar aos diferentes. Importa o resultado da conexión, mais sobre todo realizarmos a maior cantidade de conexións posibles; ou mellor dito, promover as conexións improbables que é onde realmente ocorre a innovación cidadá.

 

Xerar espazos de encontro entre os diferentes grupos de axentes que operan na contorna urbana, porque ese é o contexto onde se produce a innovación. Por iso queremos conectar a grupos que actualmente operan por separado e teñen un déficit de comunicación entre si.

É consciente porque nace da realidade local e a pon en valor.

 

Estamos convencidos de que as solucións ao urbanismo se econtran xa no propio territorio, son os propios veciños dos barrios, o seu coñecemento e experiencia, a materia prima de cualquera traballo de participación. 

 

Así, todas e cada unha das accións que se propoñan estarán deseñadas desde a “intelixencia colectiva” e as lóxicas locais; tratando aos veciños como expertos, poñéndoos no centro e promovendo, a través duhna variedade de estratexias, a capacidade de acción dos mesmos sobre a súa controna urbana, xa sexa no seu deseño, a súa xestión ou o seu simple gozo, cada cal ao nivel que libremente decida. 

Para o barrio, a cidade e o planeta.

Novo Sendeiro parte dunha visión integrada da sustentabilidade. Calquera proxecto de desenvolvemento urbano provoca un efecto na súa contorna, en diversas escalas e ámbitos, tanto na comunidade como na economía e o planeta.



Traballaremos para buscar fórmulas que fagan a cidade máis accesible e inclusiva, que xeren oportunidades de dinamización económica e que cumplan os maiores estándares de sustentabilidade e eficiencia enerxética.

Para ti e para todas as xeracións que están por vir.

Queremos ser unha oportunidade para experimentar unha nova forma de facer cidade. Un exemplo de boa práctica que paga a pena contar, co compromiso firme do sector público, o privado e a cidadanía. 


Unha práctica que se convirta en natural e habitual para as próximas xeracións.

A proposta urbanística en 5 ideas

O obxectivo deste proceso é crearmos xuntos o primiro proxecto de desenvolvemento urbano na comunidade galega certificado co selo de sustentabilidade BREEAM URBANISMO. Un proxecto que nace cun proceso colaborativo e quere xerar impacto positivo para as persoas e para o planeta.

Buscamos ordenar o espazo de modo que se libere a maior cantidade de chan posible para o uso público; garantindo corredores visuais desde o barrio colindante cara o mar e facilitando a permeabilidade peatonal en todo o ámbito.

O conxunto destes espazos libres e de zonas verdes de uso público, aproximadamente 15.000 metros cadrados (cun tamaño similar ao Parque Europa), é unha oportunidade para traballarmos coa cidadanía nun deseño que mellore as condicións ambientais, o seu uso e goce e a proteción da diversidade. Favorecerá o uso de pavimentos brandos con sistemas de drenaxe sustentable ou a plantación de arredor de 400 árbores e especies autóctonas.

 

Queremos deseñar xuntos ese gran parque, con lugares de encontro e paseo, áreas de xogo infantil, actividades deportivas ou hortas comunitarias. 

Apostamos por minimizar o impacto do tráfico rodado na área, dar protagonismo á peonalización e continuidade aos espazos libres. Ademais, o proxecto inclúe máis de 350 prazas públicas de aparcadoiro soterradas baixo o viario para os veciños de Labañou e máis de 550 para os novos residentes nos sotos das novas edificacións.

 

Queremos fomentar os desprazamentos en bicicleta e outras formas de mobilidade alternativa, garantindo a infraestrutura axeitada para que sexa posible un novo carril bici que conecta a Avenida de Labañou co paseo marítimo e as redes consolidadas na contorna. 

O proxecto prevé unha parcela de equipamento e dotacións públicas de máis de 1.500m2 que pretende complementar aos existentes no barrio. Para dar resposta á demanda veciñal, proponse unha superficie que poida albergar un supermercado, así coma unha reserva de 9.300 m2 para locais comerciais en planta baixa co propósito de dinamizar o espazo urbano.

O proxecto pretende mellorar o acceso á vivenda, ampliando o parque de viviendas da cidade cun máximo de unhas 400, das cuais o 40% serían de protección pública. Buscamos unha maior diversidade tipolóxica e calidade para adaptarse aos novos tipos de familias, así coma sistemas e materiais de construcción cos máis altos estándares de sustentabilidade e eficiencia enerxética.

Como a participación pode mellorar
Labañou

O proceso colaborativo, que xa está en marcha, ten varias fases e inclúe espazos para que cada persoa, axente ou entidade interesada poida expresar a súa opinión e facer propostas, para que o proxecto de transformación urbana que estamos desenvolvendo sexa máis integrador, máis complexo e de maior calidade, grazas á achega da cidadanía coruñesa.

 

Para asegurarmos unha representación heteroxénea e plural, algunhas actividades irán destinadas especificamente a veciños do barrio de Labañou, outras a entidades de ámbito social, educativo, comercial, axentes sen ánimo de lucro e asociativos de todo tipo, e outras á participación da cidadanía en xeral. 

 

5 ámbitos de proxecto nos que traballarmos xuntos:

Espazos públicos de calidade. Onde se poidan incorporar ideas sobre os elementos que os compoñen, os seus usos, o seu aspecto e incluso a súa xestión. Onde se aproveite o coñecemento local para facelo máis cercano e resiliente. 

Todo cidadán que percorra a cidade é capaz de gozar da beleza que se desplega nas súas fachadas e espazo público. O que ve aféctalle de maneira consciente e inconsciente. Así, unha cidade cuidada, interesante, onde haxa presenza de elementos agradables á vista, ben proporcionados, onde haxa espazos para se relacionar e conectar coa natureza, é sempre máis vivible.

Ademais da eliminación do aparcadoiro en superficie e a construcción de aproximadamente 900 prazas soterradas ou a implantación dunha nova dotación, a transformación de este solar en Labañou pode traer unhas melloras para veciños e usuarios ocasionais que non se tiveran imaxinado sen a existencia deste proceso. Todo o que pode traer este proxecto poráse sobre a mesa e se terá en consideración para mellorar as condicións de residentes e usuarios do barrio.

O barrio de Labañou, e sobre todo, a zona máis próxima ao ámbito de transformación, ten grandes carencias de comercio de proximidade e oportunidades económicas. Buscaremos fórmulas para dinamizar a economía do barrio, crear oportunidades e postos de traballo local.

O proxecto pode ser unha ocasión perfecta para demostrar os beneficios de construír pensando no planeta. Desde a implantación de dispositivos que capten enerxía, instalacións comunitarias, reutilización de auga e xestión responsable dos residuos, todo o proxecto ten unha vocación pedagóxica: facer explícito como o facer cidade non está reñido coa protección do medio. 

Un proceso que perdurará

É o inicio dun camiño para explorar unha nova forma de facer cidade. Onde a participación trascende as políticas públicas, onde a empresa privada dá un paso ao fronte e pula un proceso no que administracións e cidadanía poidan involucrarse e do que se corresponsabilizar.

Publicacións e informes públicos e abertos.

Estándares de participación para o futuro.

Unha comunidade dinamizada.

Un proceso de participación vivo e a longo prazo, que non acaba cunha inauguración.

Espazo participativo

Se queres sumarte á iniciativa, este espazo é para ti. Descobre aquí como podes participar e achegarnos as túas ideas.

Todas son benvidas.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.