Novas

Consulta Inicial de Percepción Cidadá sobre o proxecto

Como parte das iniciativas de diagnose participativa do proxecto, colaboramos coa empresa local Deloga que realizou unha enquisa telefónica inicial a unha mostra heteroxénea e plural de máis de 80 axentes clave pertencentes a ámbitos sociais, ambientais e económicos da Coruña. 

A sondaxe tiña por obxectivo coñecer a percepción actual do tecido asociativo da cidade sobre o Plan Especial de Labañou, para detectar o seu grao de coñecemento, opinións e valoración do proxecto, así como o seu interese en participar  nun proceso de debate público no desenvolvemento do plan urbanístico.

Dedúcese dos primeiros resultados un grao de descoñecemento do proxecto e un interese maioritario por se involucrar nun proceso de participación a longo prazo. Ademais, destaca a valoración positiva do proxecto -máis de 70% dos axentes entrevistados consideran que a actuación xerará oportunidades para a cidade-, que nos anima a seguir traballando en colaboración coa cidadanía.

Se quereres saber máis, aquí podes descargar o informe da diagnose participativa.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.