Novas

Dinamización itinerante no barrio de Labañou

¡Xa arrincamos a Fase 2 do proceso participativo ‘Novo Sendeiro’!

O sábado 23 de setembro puidemos compartir cos veciños de Labañou unha mañá en Praza da Tolerancia, onde instalamos unha caseta informativa sobre o proxecto urbanístico do PEM18 Labañou e sobre o proceso participativo Novo Sendeiro.

Tamén estivemos o domingo 8 de outubro, coincidindo co marco do Mercado Ecolóxico da Coruña, na praza da Tolerancia.

Alí estivemos a informar aos veciños da evolución que viviu o proxecto, adaptándose ás diversas suxestións recollidas ao longo do tempo.

Tras a primeira fase de consulta e diálogo coa cidadanía, incorporamos variacións ao proxecto para unha maior integración na contorna: destaca a homoxeneización de alturas e o soterramento do tráfico rodado, dando protagonismo claro á peonalización e á bicicleta en superficie. Un deseño que coidará ao máximo os corredores visuais para garantir a conexión deste desenvolvemento urbanístico co mar.

Dando resposta ás demandas cidadás, tamén se adaptará a zona verde para que sirva de punto de encontro da comunidade local, sexa heteroxénea, accesible e conte con identidade propia. Unha área na que se priorizará a utilización de flora e fauna autóctona para fomentar a biodiversidade e os espazos naturais.

Continuamos co proceso de escoita para seguir identificando novas oportunidades para o barrio e as mellores alternativas para dar resposta ás necesidades da cidadanía.

Agradecemos a todas as persoas que participaron coas súas suxestións e achegas de mellora do proxecto.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.