Novas

Encontro informativo con AAVV Francisco Rodríguez Otero de Labañou

Noticia 4

A segunda fase do proceso colaborativo iniciado en Labañou, comezou con encontros informativos coma o que aconteceu o pasado 12 de decembro con veciños de Labañou. No encontro devolvéronse os achádegos da diagnose participativa para que os involucrados na fase anterior puideran ver en que se traduciu a súa implicación no proceso. Ademais, o propio arquitecto que está a traballar no plan urbanístico explicou a evolución das distintas propostas que houbo ao longo do tempo para a transformación da zona, resolveu dúbidas e cuestións expostas polos asistentes sobre o estado actual do proxecto.  

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.