Novas

Entrevistas cualitativas a axentes clave

Como parte das iniciativas de diagnose participativa do proxecto, Zuloark percorreu a cidade, conectou e entrevistou de maneira pormenorizada a ducias de persoas que entendeu representativas para o proxecto de Metrovacesa en Labañou. As súas testemuñas analizadas de manera cuantitativa, mais sobre todo cualitativa, dán coma resultado un traballo de análise cunhas liñas de actuación claras, cunha filosofía participativa e unha listaxe de problemáticas, controversias e oportunidades de futuro para abordar entre todos cuestións referentes ao gran espazo público ou a visión exterior cara a cidade que xerará a intervención, e para derivar as melloras necesarias para o barrio, así coma o impacto económico e ambiental que suporá o proxecto na cidade.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.