Novas

Exposición de propostas para o barrio de Labañou

Os estudantes de 4º de Arquitectura de CESUGA participaron con Novo Sendeiro para imaxinar como podería evolucionar a zona do Plan Especial de Labañou.

Tras percorrer o barrio e coñecer de cerca as súas necesidades, traballaron durante meses en propostas que combinan:
🌱 vivenda sostible,
🏙️ novos espazos públicos,
👣 paseos e miradoiros,
🤝 e servizos que reforcen a cohesión do barrio.

Tamén visitaron a exposición “Novo Sendeiro: cara á construción colectiva en Labañou”, onde puideron coñecer iniciativas creadas xunto a veciños, comercios e centros educativos.

O resultado: ideas frescas, valentes e alineadas cunha visión de futuro máis inclusiva e sostible para Labañou.

Grazas a CESUGA por aportar creatividade, ollada crítica e compromiso ao camiño que estamos construíndo entre todos.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.