Novas

Labañou Somos Nós

Mapa de comercio e hostelería do barrio de Labañou, A Coruña

MAPA DE COMERCIOS E HOSTELERIA DO BARRIO DE LABAÑOU. Versión 01

Sendeiro da Memoria e da Identidade


Como parte do proxecto de participación cidadá Novo Sendeiro a iniciativa “Labañou somos Nós” pretende fortalecer a identidade e a cohesión social do barrio ao achegar á comunidade aos seus comercios locais.

Queremos que os veciños e visitantes coñezan as historias que hai detrás de cada negocio, destacando o seu valor e o papel crucial que desempeñan na vida diaria de Labañou. Ao facelo, buscamos non só promover un comercio máis próspero e dinámico, senón tamén fomentar un sentido de pertenza e apoio mutuo que beneficie a todo o barrio.

Nesta primeira fase entrevistamos a dez comerciantes e hostaleiros do barrio. A iniciativa conta co apoio da Federación Unión de Comercios Coruñesa (FUCC).

Convidamos a todos os veciños e comerciantes a sumarse a esta iniciativa, compartir as súas historias e contribuír a construír xuntos un Labañou máis unido e próspero”.