Novas

Metrovacesa facilita o uso dunha das súas parcelas para apoiar as obras de reurbanización de María Pita

Metrovacesa (xunto cunha copropietaria do terreno) cede temporalmente o uso dunha das súas parcelas para que a empresa adxudicataria das obras de reurbanización do grupo de vivendas de María Pita en Labañou poida facer os acopios de material que require a obra. 

Con este acordo, Metrovacesa espera poder facilitar o bo desenvolvemento dos traballos e contribuír a mitigar as posibles molestias para os veciños que se poidan ocasionar ata que finalice a rehabilitación da zona.

Resumo de privacidade

Esta web usa cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies gárdase no teu navegador e realiza funcións como recoñecerte cando volves á nosa web e axudar ao noso equipo a entender que seccións da web che resultan máis interesantes e útiles.