Novas

Parlamento Urbano ‘Novo Sendeiro’ – Segunda sesión: Cara a un espazo público de calidade

O 18 de maio de 2023 tivo lugar o segundo Parlamento Urbano co que se pechou a Fase 1 de ‘Aprendizaxe e Creación’ do proceso de participación cidadá ‘Novo Sendeiro’. Nesta ocasión, tratouse especificamente un asunto recorrente que viñemos detectando desde o principio do proceso e é a pobre calidade do espazo público que percibe a cidadanía coruñesa nos seus barrios. Para o desenvolvemento da sesión contouse de novo coa presenza do relator gráfico David Cárdenas que foi ilustrando a man e en tempo real toda a sesión nun mural que fará as veces de acta resumen.

A dinámica do encontro consistiu en primeiro lugar en expoñer a percepción que os asistentes tiñan sobre o valor que os terreos de Labañou como espazo público actualmente. Algúns valoraban en positivo a súa natureza auténtica e “salvaxe” como o último reduto na cidade sen intervención humana, outros non apreciaban que o seu estado actual fose útil como verdadeiro lugar de esparexemento, ademais destacaron a presenza de animais non desexados e o seu único uso real como aparcamento “alegal” e de paseo de cans. Tras este primeiro momento de debate quixemos que os asistentes lembrarán exemplos doutros espazos públicos da cidade que lles inspirasen, en positivo ou en negativo, e dos que poder aprender para chegar a un último punto do debate onde puidésemos, entre todos os asistentes, redactar unha sorte de “decálogo” de valores que debe reunir un espazo público para ser considerado de calidade.

A sesión pechouse cunha exposición resumen por parte de Zuloark das Fase 1 para veciños, representantes de asociacións, expertos, estudantes, promotores e equipo redactor presentes, agradecendo ademais a súa asistencia aos distintos encontros celebrados. Todo este proceso, que se constrúe lentamente e desde abaixo, axúdanos a avanzar cara a un Plan Especial Labañou que mellore ao capitalizar os ensinos e achegas de cada participante desde as súas diversas posicións e realidades.

En breve continuaremos coa Fase 2 do proceso participativo ‘Novo Sendeiro’!

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.