Novas

Percorrido participativo polo ámbito

O 19 de maio organizouse a primeira acción participativa de diagnose, un paseo polo ámbito deseñado para xerar un espazo de encontro e mediación, onde xuntar aos distintos axentes para escoitarse e aprender uns dos outros.

Esta visita guiada foi unha acción iniciática ou experimental para comprobar e medir que acontecería ao mezclarmos axentes con visións e intereses tan dispares sobre o futuro da zona. Ao contrario que nas entrevistas individuais o compoñente de mediación necesario foi importante, realizado fóra dos despachos, camiñando xuntos no terreno, veciños, promotora e arquitecto redactor do proxecto. Un formato pensado para fomentar as conversas  informais e o diálogo entre os participantes. Nun exercicio final de síntese, recolléronse as súas achegas en dúas pizarras que contiñan as preocupacións ou inquedanzas máis recorrentes, así coma as oportunidades e esperanzas que poden traer un proxecto e proceso coma este. 

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.