Novas

Primeiro Taller de Co-creación. Asesorías sobre accesibilidade e cidade con ASPRONAGA

Como actividade inaugural da oficina de participación ‘Novo Sendeiro’, o 20 de abril de 2023 realizouse o primeiro dos dous encontros do Talleres de Co-creación a modo de asesorías en accesibilidade con institucións que traballan con persoas con discapacidade. Participaron novos estudantes e docentes de ASPRONAGA (Asociación de Persoas con Discapacidade Intelectual de Galicia) xunto coa representación dos promotores e a presenza do arquitecto redactor do Plan Especial Labañou.

Para o desenvolvemento da actividade realizouse un paseo polo ámbito de actuación, no que os mozos puideron ter unha primeira aproximación ao sitio, recoñecelo e comezar a entender a proposta na súa dimensión de accesibilidade. Xa na oficina de participación propúxoselles un exercicio para traballar en clase para un segundo encontro para que puidesen valorar o proxecto desde as súas propias experiencias durante o paseo e tamén desde as necesidades que detectan no seu día a día na cidade da Coruña. 

Fotografía: Alberte Peiteavel

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.