Novas

Segunda sesión do taller de co-creación “Manual urbanismo universal para o PE de Labañou”

Segunda sesión do taller de co-creación “Manual urbanismo universal para o PE de Labañou” O 18 de decembro, no marco do acordo de colaboración que formalizamos co CEE Ntra. Sra. de Lourdes de ASPRONAGA e a Escola Universitaria de Deseño Industrial de Ferrol (Universidade da Coruña), tivo lugar a segunda sesión conxunta entre estudantes de ambas as institucións para a redacción do “Manual urbanismo universal e prototipado de mobiliario específico para o PE de Labañou”.

Esta actividade de co-deseño celebrouse na nosa oficina de participación cidadá co desenvolvemento da fase CREATIVA, de proposta e ideación. O obxectivo desta fase era recoller debuxos e extractos escritos das percepcións que tivo cada participante na xornada de paseo e convivencia da primeira sesión de traballo celebrada con anterioridade. Ao mesmo tempo, un ilustrador elaborou un gran mapa común con ilustracións que reflectían os relatos das experiencias vividas no percorrido polos distintos sitios.

Ao finalizar, expuxéronse 3 liñas de traballo para que os estudantes da EUDI desenvolvan para a seguinte sesión de “Deseño e produción de prototipos de mobiliario específico”:

• Usos segregados • Señalética • Espazos de tránsito