Novas

Segundo Taller de Co-creación “Asesorías en Accesibilidade” con ASPRONAGA

O 4 de maio de 2023, desenvolveuse a segunda parte do Taller de Co-creación sobre “Asesorías en accesibilidade” con ASPRONAGA (Asociación de Personas con Discapacidad Intelectual de Galicia).

Nesta segunda parte, recolléronse as propostas escritas e gráficas dos estudantes, en relación coas impresións e inquietudes que xurdiron do primeiro paseo polo ámbito. Á súa vez, abríronse a debate tres temas de conversación: Que lle falta a Labañou?; Que protexer de Labañou?; e Que eliminar de Labañou?

Xurdiron así, propostas e oportunidades en relación con: o uso do espazo público, a configuración das áreas verdes e espazos de recreación, a protección e revalorización de monumentos, a accesibilidade segura nos cruces peonís, a importancia das cores e das visuais ao mar.

Iníciase así unha colaboración directa e real, neste caso con ASPRONAGA pero aberto a novas entidades, coa determinación de profundar na capacidade de cambio sobre as decisións que se toman nas nosas cidades de colectivos que normalmente non se teñen en conta máis que a través de normativas ou manuais interpostos.

Fotografía: Alberte Peiteavel

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.