Novas

Taller de Co-creación “Dinamización económica e comercio”

O 3 de maio de 2023 tivo lugar o Taller de Co-creación sobre “Dinamización económica e comercio” aberto á cidadanía e a comerciantes locais. Un espazo para debater e traballar sobre a situación actual do comercio na zona e o seu futuro dentro da proposta de ordenación do Plan Especial de Labañou.

Á oficina acudiron veciños interesados, comerciantes locais e unha representación da FUCC (Federación Unión de Comercios Coruñesa) xunto co arquitecto redactor do proxecto e unha representación da parte promotora.


Foi unha xornada de intenso debate onde se recibiron propostas ao redor da problemática xeral que expón o comercio en Labañou e o seu futuro no barrio co desenvolvemento do Plan Especial en 4 temáticas concretas:

1. A dificultade para alugar baixos comerciais. Prezos altos. Ausencia de axudas desde o público e desde o privado.

2. A situación contemporánea. Como se vió afectado o comercio tras a pandemia e co auxe das vendas en liña.

3. Desconexións. A desconexión do barrio respecto ao resto da cidade. Falta de autobuses e outros medios de transporte público. Grandes desprazamentos dos habitantes para comprar o necesario.

4. O comercio tradicional de barrio respecto ao das grandes superficies. Labañou ten comercios auténticos e con soleira fronte a un comercio de grandes superficies con menos personalidade. C.C. Os Rosales está en desuso. É necesario elaborar un Plan de comercio local con estratexias concretas para a zona.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.