Novas

Visita á exposición Novo Sendeiro con CESUGA

Antes de trasladar a exposición “Novo Sendeiro: cara á construción colectiva en Labañou” tivemos a oportunidade de visitala na sala da NORMAL cun grupo de estudantes de 3º de Arquitectura de CESUGA.

Alí explicámoslles o proceso participativo que leva a cabo no barrio de Labañou desde hai máis de dous anos para promover unha transformación urbana do barrio máis sostible e inclusiva.

Na expo coñeceron de primeira man as iniciativas nadas da participación activa de diferentes colectivos, mostrando como a conexión e a colaboración entre entidades xera solucións innovadoras. Exemplo diso, é o documento ilustrado “Sendeiro dá accesibilidade: cara a un urbanismo Universal”, elaborado por mor do traballo conxunto entre estudantes do Colexio da nosa Señora de Lourdes de ASPRONAGA e da Escola Deseño Industrial da UDC.

Posteriormente os estudantes de CESUGA realizaron un percorrido polo solar onde se vai a desenvolver o PE-18 de Labañou, co obxectivo de traballar en diferentes propostas de futuro para a zona.

Continuamos así co proceso de participación para un desenvolvemento urbano sostible do barrio e da Coruña que contribúa a facer cidade doutro xeito.

Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.